Porriño
O Concello do Porriño está no centro da comarca da Louriña que forma parte do espazo natural do Baixo Miño. Situado xeograficamente ao sur da provincia, é un importante nó de comunicacións entre Vigo, Ourense e Portugal. Limita con Mos, Tui, Salceda de Caselas, Ponteareas, Vigo e Gondomar.
Constitúe o foco máis destacado da comarca, mantendo fortes relacións económicas con Vigo. O traslado industrial a este municipio vén favorecido polas boas comunicacións deste, facendo do un nó polo que atravesan:
- a autovía das Rías Baixas A-52, que enlaza o sur de Galicia coa meseta,
- a autovía Vigo-Tui, que enlaza coas estradas portuguesas e
- os ferrocarrís con destino Portugal e a meseta.
A proximidade a Vigo tamén resulta un factor decisivo na estrutura demográfica do Porriño, pois os crecementos positivos son debidos tanto á:
- súa economía florecente como
- á facilidade de comunicación con Vigo.
Constitúe o terceiro municipio por volume demográfico e ademais conta coa maior porcentaxe de poboación menor de 25 anos de toda a mancomunidade, é polo tanto, o da estrutura demográfica máis nova.
O Porriño representa un municipio clave na expansión económica de Vigo:
- tanto polo incremento de solo industrial como
- pola tradición das explotacións de granito situadas no seu solo