Guía de trámites
Trámites de constitución de sociedades
- Certificación negativa do nome
- Autorización administrativa previa
- Outorgamento de escritura pública
- Liquidación do Imposto do patrimonio e Actos Xurídicos Documentados Empresa
- Solicitude do CIF
- Cualificación e inscrición para Cooperativas e Soc. Laborais
- Inscrición no Rexistro Mercantil
Trámites na axencia tributaria
- Declaración previa/NIF ou CIF provisional
- Alta IAE
- Declaración de inicio de actividade NIF ou CIF definitivo
Trámites no concello
- Solicitude de informe urbanístico
- Licenza municipal de obras
- Licenza municipal de apertura
- Cambio de titularidade ou de actividade
- Licenza municipal de 1ª ocupación
Trámites na seguridade social e en traballo
- Inscrición da empresa na SS.
- Alta no Réxime Especial de Autónomos
- Variacións e baixas
- Afiliación e alta de traballadores no Réxime Xeral.
- Variacións e baixas
- Comunicación de apertura do centro de traballo
- Legalización de Libros de Matrícula e Visita
TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN DE SOCIEDADES
Certificación negativa do nome | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Certificación acreditativa de que o nome elixido non coincide co doutra existente. |
Documentación | Instancia co nome escollido ( ata 3 ) |
Lugar | - Rexistro Mercantil Central para Soc. Mercantís. - Dir. Xeral de Fomento e Economía Social para Cooperativas e Soc. Laborais |
Prazo ou validez | - Soc. mercantís: 2 meses. - Cooperativas: 6 meses. |
Autorización administrativa previa | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Cualificación previa dos Estatutos Sociais para verificar que se axustan á Lei co fin de que a sociedade poida inscribirse no rexistro. |
Documentación | - Certificación negativa do nome. - Acta da asemblea constituínte. - Proxecto de Estatutos.- Relación de promotores. |
Lugar | - Dir. Xeral de Fomento e Economía Social, se son de ámbito nacional. - Rexistros de Cooperativas e Soc. Laborais das CC.AA. |
Prazo ou validez | Prazo: 15 días a partir da súa presentación. |
Custo aproximado | Taxa administrativa correspondente. |
Outorgamento de escritura pública | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Acto polo cal os socios fundadores proceden a constituír a sociedade. |
Documentación | - Certificación negativa do nome. - Estatutos. |
Lugar | Notario. |
Prazo ou validez | Validez inmediata. |
Custo aproximado | En función do capital social, mínimo 240,20 € |
Liquidación do Imposto do patrimonio e Actos Xurídicos Documentados | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Imposto que grava a constitución da sociedade. Soc. laborais e Cooperativas están exentas, sempre que cumpran certos requisitos. |
Documentación | - Modelo 600. - Primeira copia e copia simple da escritura de constitución. - Fotocopia de CIF provisional. |
Lugar | Consellerías de Facenda das CC.AA correspondentes ao domicilio social da empresa. |
Prazo ou validez | Prazo: 30 días hábiles a partir do outorgamento da escritura. |
Custo aproximado | 1% do capital social. Están exentas as Soc. laborais e as Coop. protexidas e especialmente protexidas. |
Solicitude do CIF | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Identificación da sociedade a efectos fiscais. |
Documentación | - Modelo 036. - Copia da escritura de constitución. - Fotocopia de DNI do solicitante, se é socio, ou poder notarial do apoderado. |
Lugar | Delegación de Facenda correspondente ao domicilio social da empresa. |
Prazo ou validez | Prazo: 30 días a partir do outorgamento da escritura. Validez: 6 meses ata que se retire o definitivo. |
Custo aproximado | O do impreso máis o que cobren polas copias. |
Cualificación e inscrición para Cooperativas e Soc. Laborais | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Cualificar como tales a eses tipos de sociedades e inscribilas nos seus correspondentes rexistros. |
Documentación | Sociedades Laborais: solicitude, copia autorizada e copia simple da escritura de constitución. Cooperativas: solicitude, copia autorizada e dúas copias simples da escritura de constitución, liquidación do ITP e CIF provisional. |
Lugar | - Rexistros de Cooperativas e Soc. Laborais das CCAA. - Dir. Xeral de Fomento e Economía Social, se son de ámbito nacional. |
Prazo ou validez | Cooperativas. 2 meses desde o outorgamento da escritura de constitución. Soc. laborais: 1 mes desde o outorgamento da escritura de constitución. |
Custo aproximado | O da taxa correspondente (aprox. 9 €) |
Inscrición no Rexistro Mercantil | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Publicidade da situación xurídica mercantil a través da cal a sociedade adquire personalidade xurídica. |
Documentación | - Primeira copia da escritura de constitución. - Certificación negativa do nome. - Liquidación do ITP. - CIF provisional. As sociedades laborais presentan ademais o certificado de inscrición no rexistro correspondente. |
Lugar | Rexistro Mercantil correspondente ao domicilio social. |
Prazo ou validez | 1 mes desde o outorgamento da escritura. |
Custo aproximado | Depende do capital social. |
TRÁMITES NA AXENCIA TRIBUTARIA
Declaración previa/NIF ou CIF provisional | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Deducir cotas soportadas de IVE por compras realizadas con anterioridade á posta en marcha do negocio. Solicitude de NIF/CIF provisional. |
Documentación | - Modelo 036. - DNI para autónomos. - CIF para sociedades. |
Lugar | Axencia Estatal Administración Tributaria. |
Prazo ou validez | Antes do inicio da actividade. |
Custo aproximado | 1,50 € o impreso |
Alta IAE | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Comunicación de alta nunha actividade, das modificacións que se produzan na mesma así como da baixa. |
Documentación | - modelo 840. - DNI para autónomos. - CIF para sociedades. |
Lugar | Axencia Estatal Administración Tributaria. |
Prazo ou validez | Prazo: 10 días hábiles inmediatos ao comezo da actividade; 1 mes para variacións e baixas. |
Custo aproximado | 1,50 € o impreso |
Declaración de inicio de actividade NIF ou CIF definitivo | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Obtención do NIF, determinación de obrigacións fiscais, comunicación de calquera variación na actividade e baixa da mesma. Solicitude de NIF/CIF definitivo. |
Documentación | - Modelo 036. - Alta no IAE. - Fotocopia do DNI ou CIF provisional. |
Lugar | Axencia Estatal Administración Tributaria. |
Prazo ou validez | Prazo: Antes do inicio da actividade. |
Custo aproximado | 1,50 € o impreso |
TRÁMITES NO CONCELLO
Solicitude de informe urbanístico | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Previo ás obras para saber se a localización do inmoble é compatible co plan urbanístico. |
Documentación | Instancia e plano de situación. |
Lugar | Departamento de Urbanismo do Concello. |
Prazo ou validez | Antes das obras. Resolución entre 15 e 90 días |
Custo aproximado | Puntual uns 20,76 € completo 136,79 € |
Licenza municipal de obras | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Obter autorización municipal para realizar calquera tipo de obra (maiores e menores). |
Documentación | -Instancia e abono de taxa. -DNI/CIF do solicitante. -Fotocopia do IAE. -Documentación referida ao proxecto que dependerá do tipo de obra (maior ou menor): orzamento, proxecto e memoria descritiva. |
Lugar | Departamento de Urbanismo do Concello. |
Prazo ou validez | Prazo: Antes das obras. Resolución: 1 mes obra menor e 2-3 meses obra maior. Validez: ata 6 meses logo da licenza. |
Custo aproximado | 1% sobre o orzamento de execución material. |
Licenza municipal de apertura | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Licenza que acredita a adecuación das instalacións á normativa urbanística e á regulamentación técnica que poida serlle aplicable ás actividades, estas poden ser: -Inocuas -Cualificadas |
Documentación | -Instancia e abono de taxa. -Fotocopia do NIF ou CIF. -Fotocopia de IAE. -Certificacións do cumprimento da normativa NBE CPI/96, en materia de prevención de incendios. -Para actividades inocuas, ademais, planos e certificado do técnico competente e visado por colexio oficial. -Para actividades cualificadas, ademais, proxecto (por triplicado) elaborado por un técnico e visado por colexio oficial. |
Lugar | Departamento de Urbanismo do Concello. |
Prazo ou validez | Resolución entre 3 e 6 meses, aínda que na práctica redúcese a uns 15 días no caso de actividades inocuas e 3 meses para actividades cualificadas. Validez: ata 6 meses logo da licenza |
Custo aproximado | Depende de: - a tarifa do IAE - se a actividade é cualificada ou inocua - a localización do local. - orzamento de obra. |
Cambio de titularidade ou de actividade | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Pódense realizar, mediante acto comunicado, sempre e cando estea en funcionamento nos 6 meses anteriores. |
Documentación | -Instancia. -Fotocopia do NIF ou CIF. -Copia da licenza anterior. |
Lugar | Departamento de Urbanismo do Concello. |
Prazo ou validez | Prazo: a actividade debe comezar dentro dos 6 meses seguintes ao cambio. |
Custo aproximado |
Licenza municipal de 1ª ocupación | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Obter autorización municipal. Só é esixible cando se vai a utilizar por primeira vez o inmoble. |
Documentación | -Instancia e abono de taxas. -Certificado final de dirección de obra, dúas fotografías do edificio e folla do catastro. |
Lugar | Departamento de Urbanismo do Concello. |
Prazo ou validez | Antes da apertura do local. Resolución entre 2 e 3 meses, aínda que pode reducirse a 30 días. |
Custo aproximado | Depende do orzamento de execución. |
TRÁMITES NA SEGURIDADE SOCIAL E EN TRABALLO
Inscrición da empresa na SS. | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Previa ao comezo de actividades e obrigatoria no caso de que se vaian efectuar contratacións. |
Documentación | -Modelo de solicitude TA6. - DNI ou CIF. - Orixinal e copia da escritura de constitución no caso de sociedades. - Alta de traballadores. - Contrato de asociación a MATEP. |
Lugar | Tesourería Xeral SS. |
Prazo ou validez | Previo ao comezo da actividade ou da relación contractual. |
Custo aproximado |
Alta no Réxime Especial de Autónomos | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Integración do traballador nun determinado réxime do sistema da SS. |
Documentación | - Modelo TA0521. - Fotocopia e orixinal do DNI - Fotocopia e orixinal da declaración censal e do IAE. - Contrato e CIF para Soc. Civís e Com. de bens. |
Lugar | Tesourería Xeral SS. |
Prazo ou validez | 30 días posteriores ao comezo da actividade, pero o alta causará efectos a partir do día 1º do mes en que se inicie. |
Custo aproximado | Dependendo da base de cotización elixida, as porcentaxes de aplicación son: - sen protección por IT: 26,50% - con protección por IT: 29,80% Para unha base de cotización mínima de 817,20€/mes* e máxima de 3.074,10 €/mes* A cotización por AT e EP depende de tarifas. *Bases establecidas nos PGE para 2008 |
Variacións e baixas | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Comunicar á TXSS calquera cambio dos datos facilitados no alta, así como a baixa. |
Documentación | Modelo TA0521 |
Lugar | Tesourería Xeral SS. |
Prazo ou validez | 6 días naturais desde que a variación se produce. |
Custo aproximado |
Afiliación e alta de traballadores no Réxime Xeral. | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Identificar ao traballador no sistema de SS (afiliación) e integralo nun determinado réxime do sistema de SS (alta). |
Documentación | Modelo TA1 para afiliación e TA2/S para o alta acompañados de fotocopia do DNI do traballador. |
Lugar | Tesourería Xeral SS. |
Prazo ou validez | Con anterioridade ao comezo da prestación, pero nunca antes dos 60 días naturais anteriores ao comezo da actividade. |
Custo aproximado | Aplicación dunhas porcentaxes sobre a base de cotización do traballador. |
Variacións e baixas | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Comunicar á TXSS calquera cambio dos datos facilitados na afiliación ou no alta, así como a baixa. |
Documentación | Modelo TA1 para variacións na afiliación. Modelo TA2/S para a baixa. |
Lugar | Tesourería Xeral SS. |
Prazo ou validez | 6 días seguintes a aquel en que a variación se produce. En caso de baixa 6 días naturais a partir do cesamento. |
Custo aproximado |
Comunicación de apertura do centro de traballo | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Para empresas que abran o centro de traballo ou renoven a actividade. |
Documentación | Modelo oficial TA6. |
Lugar | Tesourería Xeral SS |
Prazo ou validez | Nos 30 días seguintes ao comezo da actividade. |
Custo aproximado |
Legalización de Libros de Matrícula e Visita | |
---|---|
Concepto ou finalidade | Libro de visita: é obrigatorio para cada centro de traballo aínda que non haxa traballadores. Libro de matrícula: levará un en cada centro de traballo e no inscribiranse todos os traballadores que presten os seus servizos no mesmo. |
Documentación | Os libros adquiriranse en librerías e selaranse na Inspección. |
Lugar | Inspección de Traballo e SS. |
Prazo ou validez | |
Custo aproximado |