Bolsa de subproductos

Bolsa de subproductos

Con este servizo inténtase minimizar os residuos producidos polas industrias galegas, intentando aproveitar os residuos xerados nunha empresa como materia prima a incorporar no proceso productivo doutra empresa distinta.

Coa Bolsa de Subproductos foméntase a reducción, reutilización e a reciclaxe dos residuos.

¿Qué é e en qué consiste?

A bolsa de subproductos é un medio de comunicación entre empresas, dirixido a facilitar o intercambio dos residuos. Este servizo ofrece a posibilidade de demandar ou ofertar subproductos industriais de maneira gratuita e totalmente confidencial.

O obxectivo final é a reducción dos residuos xerados polas pemes galegas, isto conleva a un beneficio medio ambiental e tamén económico, ó reducir os costes de fabricación.

 

Con este servizo xérase unha base de datos na que se encontran as empresas que ofertan ou demandan algún tipo de subproducto.

¿Qué empresas poden formar parte da Bolsa de Subproductos?

Calquera empresa que orixine un residuo como consecuencia da súa actividade pode incluirse neste servizo.
Ademáis, tamén poden adherirse ó servizo as empresas que demanden un residuo para incorporalo ó seu proceso productivo.

Carácter Confidencial

A solicitude do anuncio que o empresario envíe á Cámara de Comercio de Tui publicarase mantendo o anonimato do anunciante mediante un sistema de codificación.

Funcionamento da Bolsa

As empresas interesadas en anunciarse na Bolsa de Subproductos deben cumplimentar unha ficha, na que especifiquen unha serie de características do tipo de producto que demandan ou ofertan. Cada solicitude levará un código e nunca o nome da empresa.

As ofertas e as demandas publícanse na páxina web da bolsa de subproductos. Cando un empresario estea interesado nalgún anuncio debe anotar a referencia (código) e porse en contacto coa Cámara de Comercio da súa demarcación. Ésta será a encargada de avisar á empresa solicitada a cal contactará coa primeira.

A inserción do anuncio na Bolsa é GRATUITA.

INSCRIPCIÓN DE ANUNCIOS NA BOLSA DE SUBPRODUCTOS DE GALICIA

Para máis información contactar coa Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui mediante:

Teléfono: 986 600 216
Fax: 986 601 512
Correo Electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ó Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo


Tamén pode acceder directamente á web da Bolsa de Subproductos de Galicia.