O Rosal

O val do Rosal, entre o océano e o río Miño, é un anaco de belísimo territorio delimitado por unha cordilleira que lle dá unha forma de vieira.

Sitúase entre os concellos da monacal Santa María de Oia, da turística vila da Guarda e do amplo territorio de Tomiño. Ten unha paisaxe de monte e verde campiña, metade fluvial e metade marítimo, co Miño e Portugal ao fondo.

A súa extensión é de 41,2 quilómetros cadrados e, segundo o censo de 1995, a súa poboación é de 5.898 habitantes. Está formado por catro parroquias:

  • As Eiras,
  • O Rosal (Santa Mariña),
  • San Miguel de Tabagón e
  • San Xoán de Tabagón.

O seu acceso está constituído pola estrada Tui-A Guarda. É unha terra de horta na súa maior parte e só na costa é montañosa e abrupta.

Na súa vertente merece visitar o conxunto de muíños de auga de Fornelos e na súa campiña visitar os abundantes cruceiros. Pero o máis atractivo é a súa doce paisaxe e os seus exquisitos froitos