Oia

É o concello máis setentrional de Galicia e ten unha situación privilexiada nunha zona de gran expansión turística e empresarial.

Limita ao norte coa fermosa vila de Baiona; ao sur ten como veciño ao Concello do Rosal; ao leste está Tomiño, a capital do kiwi, e polo oeste esténdese o inmenso océano Atlántico. Ten unha extensión de 83,6 quilómetros cadrados, ocupada por 3.160 habitantes.

A superficie do municipio abrangue unha zona montañosa que se funde coa estreita franxa de costa que discorre paralela ao mar. Destacan como cumes illados o macizo da serra da Groba, O Lousado e o Alto das Pozas, ao leste, e O Corrubelo, ao oeste.

É un dos municipios máis soleados de todo o norte peninsular, xa que a súa temperatura media anual é de 15 graos. Estas características son propias do microclima que existe no sur de Galicia.

Nos anos 50 fíxose unha masiva repoboación forestal de piñeiros e eucaliptos e, cos beneficios que se obteñen do monte, as comunidades de montes axudan a mellorar as condicións de vida de todos os veciños, a través de importantes investimentos, tanto no ámbito de infraestruturas como axudando na conservación do patrimonio histórico