Tomiño

Municipio situado no antigo territorio de Turonium, ten unha superficie de 103,4 quilómetros cadrados e unha poboación de 10.700 habitantes, repartidos entre 15 parroquias.

Os seus montes máis importantes son o Niño do Corvo e A Pedrada, pertencentes á serra de Argallo. Estas elevacións constitúen miradoiros naturais sobre as decrecentes terrazas, que se achegan ao Miño, co que limita polo nacente. É unha terra regada polos ríos Furnia, Tebra, Pego Bravos, Cerrada e Tollo, todos afluentes do Miño.

O municipio conta cun clima suave, que propicia o cultivo dos famosos produtos hortícolas e froiteiros do Baixo Miño.

A excepcional xeografía e a súa materia prima favorece o traballo do agricultor na horta baixo abrigo, a asociación en cooperativas, o aproveitamento da cotizada pesca fluvial do Miño e as industrias de madeira, cerámica ou granito