Tui

Cabeceira do partido xudicial e da diocese do seu mesmo nome (en 1959 adquire dobre capitalidade, pasando a denominarse de Tui-Vigo), é o centro administrativo e comercial máis importante da comarca do Baixo Miño.

As súas parroquias son:

  • Areas (Santa Mariña),
  • Baldráns (Santiago),
  • Caldelas de Tui (San Martiño),
  • Guillarei (San Mamede),
  • Malvas (Santiago),
  • Paramos (San Xoán),
  • Pazos de Reis (O Sagrario),
  • Pexegueiro (San Miguel),
  • Randufe (Santa María da Guía),
  • Rebordáns (San Bartolomeu),
  • Ribadelouro (Santa Comba),
  • Tui (O Sagrario).

A súa situación xeográfica, a súa condición fronteiriza, a historia e a riqueza do seu patrimonio artístico, convérteno nun lugar de atracción turística e idóneo para o desenvolvemento da actividade cultural.

Aquí conflúen importantes vías de comunicación internacional, nacional e comarcal, tanto por estrada como por ferrocarril, nun radio de 25 km.

As principais cidades e vilas costeiras coas súas praias (Vigo, Baiona, Nigrán, A Guarda…). O río Miño, que delimita o municipio polo sur cunha lonxitude de 10 quilómetros, o parque natural do monte Aloia ou o viveiro forestal e os bos servizos facilitan a agradable estancia dos visitantes de Tui