Salceda de Caselas

O municipio de Salceda de Caselas está situado ao sur da provincia de Pontevedra, pertence xeograficamente á comarca do Baixo Miño e ten unha extensión de 36,1 quilómetros cadrados.

Limita ao norte co municipio de Ponteareas; ao leste con Salvaterra de Miño; ao sur con Tui e ao oeste co Porriño. Na actualidade conta cunha poboación de 5.952 habitantes, que se distribúe en sete parroquias (A Picoña, San Xurxo de Salceda, Santa María de Salceda, Santo Estevo de Budiño, Soutelo, Parderrubias e Entenza) e que maioritariamente está concentrada nas marxes do río Caselas.

Os montes principais son:

  • o monte Faro, cunha altitude de 395 metros,
  • o Chan de Melo, con 402 metros, e
  • San Cibrán, con 430 metros.

Destaca no aspecto económico o importante desenvolvemento industrial do polígono do Cerquido, en Budiño, cunha grande explotación de canteiras de granito.

Nos últimos anos, a súa actividade económica centrouse no cultivo de flores, froitas, verdura e legumes en invernadoiros.

No referente á súa arquitectura, é, ante todo, un municipio de pazos e casas señoriais