A Cámara

A Cámara de Tui é unha corporación de dereito público que promove e defende os intereses xerais do comercio, a industria e a navegación, contribuíndo ó desenvolvemento económico do seu ámbito de influencia.

É unha entidade dotada con personalidade xurídica creada por lei, do mesmo xeito que as restantes 84 cámaras españolas. A lei 3/93, básica das cámaras de comercio establece as súas funcións, réxime económico, xurídico e orzamentario.

Financiamento

O financiamento baséase en dous tipos de recursos:

  • Permanentes: porcentaxe que a lei establece sobre os impostos de sociedades, renda das persoas físicas e imposto de actividades económicas.
  • Non permanentes: prestación de servicios, xestión de programas, convenios de colaboración coa Administración, etc.

Membros

Todas as empresas comerciais, industriais, náuticas e de servicios, xa sexan persoas físicas o xurídicas, que exerzan na demarcación actividades suxeitas ó imposto de actividades económicas.

Todas son membros de pleno dereito da Cámara e, polo tanto, poden ser electores e elixibles, para formar parte dos órganos directivos desta institución.