Guía de trámites

Trámites de constitución de sociedades

Trámites na axencia tributaria

Trámites no concello

Trámites na seguridade social e en traballo

TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN DE SOCIEDADES

Certificación negativa do nome
Concepto ou finalidade Certificación acreditativa de que o nome elixido non coincide co doutra existente.
Documentación Instancia co nome escollido ( ata 3 )
Lugar - Rexistro Mercantil Central para Soc. Mercantís.
- Dir. Xeral de Fomento e Economía Social para Cooperativas e Soc. Laborais
Prazo ou validez - Soc. mercantís: 2 meses.
- Cooperativas: 6 meses.
   

Autorización administrativa previa
Concepto ou finalidade Cualificación previa dos Estatutos Sociais para verificar que se axustan á Lei co fin de que a sociedade poida inscribirse no rexistro.
Documentación - Certificación negativa do nome.
- Acta da asemblea constituínte.
- Proxecto de Estatutos.- Relación de promotores.
Lugar - Dir. Xeral de Fomento e Economía Social, se son de ámbito nacional.
- Rexistros de Cooperativas e Soc. Laborais das CC.AA.
Prazo ou validez Prazo: 15 días a partir da súa presentación.
Custo aproximado Taxa administrativa correspondente.

Outorgamento de escritura pública
Concepto ou finalidade Acto polo cal os socios fundadores proceden a constituír a sociedade.
Documentación - Certificación negativa do nome.
- Estatutos.
Lugar Notario.
Prazo ou validez Validez inmediata.
Custo aproximado En función do capital social, mínimo 240,20 €

Liquidación do Imposto do patrimonio e Actos Xurídicos Documentados
Concepto ou finalidade Imposto que grava a constitución da sociedade.
Soc. laborais e Cooperativas están exentas, sempre que cumpran certos requisitos.
Documentación - Modelo 600.
- Primeira copia e copia simple da escritura de constitución.
- Fotocopia de CIF provisional.
Lugar Consellerías de Facenda das CC.AA correspondentes ao domicilio social da empresa.
Prazo ou validez Prazo: 30 días hábiles a partir do outorgamento da escritura.
Custo aproximado 1%  do capital social. Están exentas as Soc. laborais e as Coop. protexidas e especialmente protexidas.

Solicitude do CIF
Concepto ou finalidade Identificación da sociedade a efectos fiscais.
Documentación - Modelo 036.
- Copia da escritura de constitución.
- Fotocopia de DNI do solicitante, se  é socio, ou poder notarial do apoderado.
Lugar Delegación de Facenda correspondente ao domicilio social da empresa.
Prazo ou validez Prazo: 30 días a partir do outorgamento da escritura.
Validez: 6 meses ata que se retire o definitivo.
Custo aproximado O do impreso máis o que cobren polas copias.

Cualificación e inscrición para Cooperativas e Soc. Laborais
Concepto ou finalidade Cualificar como tales a eses tipos de sociedades e inscribilas nos seus correspondentes rexistros.
Documentación Sociedades Laborais: solicitude,  copia autorizada e copia simple da escritura de constitución.
Cooperativas: solicitude, copia autorizada e dúas copias simples da escritura de constitución, liquidación do ITP e CIF provisional.
Lugar - Rexistros de Cooperativas e  Soc. Laborais das CCAA.
- Dir. Xeral de Fomento e Economía Social, se son de ámbito nacional.
Prazo ou validez Cooperativas. 2 meses desde o outorgamento da escritura de constitución.
Soc. laborais: 1 mes desde o outorgamento da escritura de constitución.
Custo aproximado O da taxa correspondente (aprox. 9 €)

Inscrición no Rexistro Mercantil
Concepto ou finalidade Publicidade da situación xurídica mercantil a través da cal a sociedade adquire personalidade xurídica.
Documentación - Primeira copia da escritura de constitución.
- Certificación negativa do nome.
- Liquidación do ITP.
- CIF provisional.
As sociedades laborais presentan ademais o certificado de inscrición no rexistro correspondente.
Lugar Rexistro Mercantil correspondente ao domicilio social.
Prazo ou validez 1 mes desde o outorgamento da escritura.
Custo aproximado Depende do capital social.

 

TRÁMITES NA AXENCIA TRIBUTARIA

Declaración previa/NIF ou CIF provisional
Concepto ou finalidade Deducir cotas soportadas de IVE por compras realizadas con anterioridade á posta en marcha do negocio. Solicitude de NIF/CIF provisional.
Documentación - Modelo 036.
- DNI para autónomos.
- CIF para sociedades.
Lugar Axencia Estatal  Administración Tributaria.
Prazo ou validez Antes do inicio da actividade.
Custo aproximado 1,50 € o impreso

Alta IAE
Concepto ou finalidade Comunicación de alta nunha actividade, das modificacións que se produzan na mesma así como da baixa.
Documentación - modelo 840.
- DNI para autónomos.
- CIF para sociedades.
Lugar Axencia Estatal  Administración Tributaria.
Prazo ou validez Prazo: 10 días hábiles inmediatos ao comezo da actividade; 1 mes para variacións e baixas.
Custo aproximado 1,50 € o impreso

Declaración de inicio de actividade NIF ou CIF definitivo
Concepto ou finalidade Obtención do NIF, determinación de obrigacións fiscais, comunicación de calquera variación na actividade e baixa da mesma. Solicitude de NIF/CIF definitivo.
Documentación - Modelo 036.
- Alta no IAE.
- Fotocopia do DNI ou CIF provisional.
Lugar Axencia Estatal  Administración Tributaria.
Prazo ou validez Prazo: Antes do inicio da actividade.
Custo aproximado 1,50 € o impreso

TRÁMITES NO CONCELLO

Solicitude de informe urbanístico
Concepto ou finalidade Previo ás obras para saber se a localización do inmoble é compatible co plan urbanístico.
Documentación Instancia e plano de situación.
Lugar Departamento de Urbanismo do Concello.
Prazo ou validez Antes das obras. Resolución entre 15 e 90 días
Custo aproximado Puntual uns 20,76 € completo 136,79 €

Licenza municipal de obras
Concepto ou finalidade Obter autorización municipal para realizar calquera tipo de obra (maiores e menores).
Documentación -Instancia e abono de taxa.
-DNI/CIF do solicitante.
-Fotocopia do IAE.
-Documentación referida ao proxecto que dependerá do tipo de obra (maior ou menor): orzamento, proxecto e memoria descritiva.
Lugar Departamento de Urbanismo do Concello.
Prazo ou validez Prazo: Antes das obras. Resolución: 1 mes obra menor e 2-3 meses obra maior.
Validez: ata 6 meses logo da licenza.
Custo aproximado 1% sobre o orzamento de execución material.

Licenza municipal de apertura
Concepto ou finalidade Licenza que acredita a adecuación das instalacións á normativa urbanística e á regulamentación técnica que poida serlle aplicable ás actividades, estas poden ser:
-Inocuas
-Cualificadas
Documentación -Instancia e abono de taxa.
-Fotocopia do NIF ou CIF.
-Fotocopia de IAE.
-Certificacións do cumprimento da normativa NBE CPI/96, en materia de prevención de incendios.
-Para actividades inocuas, ademais, planos e certificado do técnico competente e visado por colexio oficial.
-Para actividades cualificadas, ademais, proxecto (por triplicado) elaborado por un técnico e visado por colexio oficial.
Lugar Departamento de Urbanismo do Concello.
Prazo ou validez Resolución entre 3 e 6 meses, aínda que na práctica redúcese a uns 15 días no caso de actividades inocuas  e 3 meses para actividades cualificadas.
Validez: ata 6 meses logo da licenza
Custo aproximado Depende de:
- a tarifa do IAE
- se a actividade é cualificada ou inocua
- a localización do local.
- orzamento de obra.

Cambio de titularidade ou de actividade
Concepto ou finalidade Pódense realizar, mediante acto comunicado, sempre e cando estea en funcionamento nos 6 meses anteriores.
Documentación -Instancia.
-Fotocopia do NIF ou CIF.
-Copia da licenza anterior.
Lugar Departamento de Urbanismo do Concello.
Prazo ou validez Prazo: a actividade debe comezar dentro dos 6 meses seguintes ao cambio.
Custo aproximado  

Licenza municipal de 1ª  ocupación
Concepto ou finalidade Obter autorización municipal. Só é esixible cando se vai a utilizar por primeira vez o inmoble.
Documentación -Instancia e abono de taxas.
-Certificado final de dirección de obra, dúas fotografías do edificio e folla do catastro.
Lugar Departamento de Urbanismo do Concello.
Prazo ou validez Antes da apertura do local. Resolución entre 2 e 3 meses, aínda que pode reducirse a 30 días.
Custo aproximado Depende do orzamento de execución.

TRÁMITES NA SEGURIDADE SOCIAL E EN TRABALLO

 

Inscrición da empresa na SS.
Concepto ou finalidade Previa ao comezo de actividades e obrigatoria no caso de que se vaian efectuar contratacións.
Documentación -Modelo de solicitude TA6.
- DNI ou CIF.
- Orixinal e copia da escritura de constitución no caso de sociedades.
- Alta de traballadores.
- Contrato de asociación a MATEP.
Lugar Tesourería Xeral SS.
Prazo ou validez Previo ao comezo da actividade ou da relación contractual.
Custo aproximado  

Alta no Réxime Especial de Autónomos
Concepto ou finalidade Integración do traballador nun determinado  réxime do sistema da SS.
Documentación - Modelo TA0521.
- Fotocopia e orixinal do DNI
- Fotocopia e orixinal da declaración censal e do IAE.
- Contrato e CIF  para Soc. Civís e Com. de bens.
Lugar Tesourería Xeral SS.
Prazo ou validez 30 días posteriores ao comezo da actividade, pero o alta causará efectos a partir do día 1º do mes en que se inicie.
Custo aproximado Dependendo da base de cotización elixida, as porcentaxes de aplicación son:
- sen protección por IT: 26,50%
- con protección por IT: 29,80%
Para unha base de cotización mínima de 817,20€/mes* e  máxima de 3.074,10 €/mes* A cotización por AT e EP depende de tarifas.
*Bases establecidas nos PGE  para 2008

Variacións e baixas
Concepto ou finalidade Comunicar á TXSS calquera cambio dos datos facilitados no alta, así como a baixa.
Documentación Modelo TA0521
Lugar Tesourería Xeral SS.
Prazo ou validez 6 días naturais desde que a variación se produce.
Custo aproximado  

Afiliación e alta de traballadores no Réxime Xeral.
Concepto ou finalidade Identificar ao traballador no sistema de SS (afiliación) e integralo nun determinado réxime do sistema de SS (alta).
Documentación Modelo TA1 para afiliación e TA2/S para o alta acompañados de fotocopia do DNI do traballador.
Lugar Tesourería Xeral SS.
Prazo ou validez Con anterioridade ao comezo da prestación, pero nunca antes dos 60 días naturais anteriores ao comezo da actividade.
Custo aproximado Aplicación dunhas porcentaxes sobre a base de cotización do traballador.

Variacións e baixas
Concepto ou finalidade Comunicar á TXSS calquera cambio dos datos facilitados na afiliación ou no alta, así como a baixa.
Documentación Modelo TA1 para variacións na afiliación.
Modelo TA2/S para a baixa.
Lugar Tesourería Xeral SS.
Prazo ou validez 6 días seguintes a aquel en que a variación se produce.
En caso de baixa 6 días naturais a partir do cesamento.
Custo aproximado  

Comunicación de apertura do centro de traballo
Concepto ou finalidade Para empresas que abran o centro de traballo ou renoven a actividade.
Documentación Modelo oficial TA6.
Lugar Tesourería Xeral SS
Prazo ou validez Nos 30 días seguintes ao comezo da actividade.
Custo aproximado  

Legalización de Libros de Matrícula e Visita
Concepto ou finalidade Libro de visita: é obrigatorio para cada centro de traballo aínda que non haxa traballadores.
Libro de matrícula: levará un en cada centro de traballo e no inscribiranse todos os traballadores que presten os seus servizos no mesmo.
Documentación Os libros adquiriranse en librerías e selaranse na Inspección.
Lugar Inspección de Traballo e SS.
Prazo ou validez  
Custo aproximado