Exposición do censo electoral

Aberto o proceso electoral para a renovación dos Plenos das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación de España, por Orde ITC/2019/2009, de 22 de xullo, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, (B.O.E. 25.07.2009) en cumprimento do que na mesma se preceptúa así como polo establecido no Decreto 116/1997, de 14 de maio, da Xunta de Galicia, polo que se regula o réxime electoral das Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. 20.05.97), ponse en coñecemento de todos os electores da demarcación territorial de esta Cámara que, dende o día 14 de octubre  ata o día 12 de novembro próximo está exposto o Censo Electoral para a súa consulta no domicilio de esta Cámara, sito na rúa Augusto G. Besda,15-1º, de 9 a 14 horas, en TUI, así como no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43 – 5ª planta, en Pontevedra.

Recórdase que todos os electores teñen dereito a formular por escrito, dende o día 14 de outubro ata o día 24 de novembro, as súas reclamacións sobre erro, inclusión ou exclusión das empresas no Censo exposto nos grupos correspondentes, que serán resoltos polo Comité Executivo da Corporación antes do día 15 de decembro. Contra o acordo adoptado por dito Órgano de Goberno, os interesados poderán interpoñer recurso de Alzada ante a Dirección Xeral competente da Xunta de Galicia.

Tui, 13 de outubro de 2009.

O Secretario Xeral. Fdo. Javier Pérez Alves