Un novo servizo de teleformación mellorará a produtividade das empresas

A Cámara de Comercio de Tui presenta un Servizo de Teleformación destinado a elevar o nivel de produtividade e eficiencia das empresas. O programa de actividades formativas desenvolvido pola Cámara aposta por mellorar a competitividade das compañías a través da potenciación do capital humano apoiándose no uso das novas tecnoloxías.

A oferta formativa deste proxecto está composta por materias como habilidades directivas, inglés empresarial, sistemas de xestión, tecnoloxía neumática, etc.

Estes programas son financiables a través da Fundación Tripartita